O alumnado que obteña unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75, poderá optar a este premio. Terá que cubrir unha solicitude preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario anexo I, ou na aplicación PremiosEdu. As dúbidas relacionadas con este tema poderán consultarse neste enderezo: premios@edu.xunta.gal. O premio son 1000 euriños.
Prazos: desde o 27 de abril ata o 26 de maio.