martes, 2 de abril de 2024

XORNADAS DE ORIENTACION ACADÉMICA E PROFESIONAL 2024: TI ELIXES

As Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP 2024) están organizadas pola Universidade da Coruña e o Servizo Municipal de Educación e teñen como obxectivo
informar o alumnado sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña. Poderás acudir o 15 de abril á presentación dos estudos Superiores de Deseño na EASD Pablo Picasso, ou anotarte nas visitas aos centros públicos de FP organizadas para os días 15, 16, 17 e 22 de abril. Accede ao díptico.

DESTINATARIOS/AS: Poderás participar si estás matriculada/o na ESO, bacharelato e FP e desexes coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os estudos superiores de deseño que se imparten en Coruña.

PRAZO DE INSCRICIÓN:  desde o 3 ao 8 de abril.

INSCRICIÓN

A solicitude en liña faráa directamente a persoa interesada en acudir ás xornadas a través desta ficha de inscrición, indicando o centro educativo ao que pertence.

Unha vez feita a solicitude, a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, no que se incorpora a credencial de acceso ás XOUP. Este PDF envíase ao correo electrónico indicado no formulario.

NOVIDADES

Haberá unha presentación sobre a FP Básica dirixida ao alumnado e público interesado da ESO, ANPAs e público interesado.

As sesións das mesas sobre estudos universitarios realizadas nas Xornadas de Orientación 2023 que foron gravadas pódense consultar a través dun código QR (no díptico).

Ningún comentario: