INSCRICIÓN
As solicitudes deberán realizarse telemáticamente empregando o asistente informático dispoñible na aplicación Ciclosprobas. O asistente facilita o proceso de crear unha solicitude de inscrición nas probas de acceso de grao medio. A aplicación xera unha instancia para imprimir que se deberá presentar nun centro de inscrición (vai ao centro con FP mais próximo ao teu domicilio) xunto coa documentación que se indique na propia instancia. En tanto que non se efectúe este trámite, non quedará feita a matrícula.
Será posible cubrir a solicitude escribindo o seguinte enderezo do seu navegador de Internet: https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do
DOCUMENTACIÓN
DNI ou pasaporte
Acreditacións, dictámenes ou xustificación documental de que presentas ou te inclúes nalgún tipo de diversidade, para solicitar unha adaptación da proba, si é o caso.
Acreditación de solicitar exención dalgunha parte da proba, si é o caso.
MODELOS DE EXAMES:
Para superar estes exames terás que estudiar moito, si queres consultar as probas que se fixeron en convocatorias anteriores entra no portal da xunta FP.
ESTRUCTURA DO EXAME:
GraoMedio:
Parte sociolingüística: lingua castelá, lingua galega e ciencias sociais
Parte matemática: de matemáticas
Parte científico-técnica: ciencias da natureza e tecnoloxía
CALENDARIO:
As probas terán lugar o 23 de maio de 2024 para o grao medio.
Presentación: ás 9:00 horas.
Partes matemática e sociolingüística da proba:
Das 09:30 ás 13:30 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias sociais).
Parte científico-técnica da proba:
Das 16:00 horas ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía)
LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS
Estará relacionado con centro onde fixeches a inscripción. Publicarase o 19 de abril na páxina web http://www.edu.xunta.gal/fp
Ningún comentario:
Publicar un comentario