mércores, 10 de maio de 2023

MATRÍCULA ABAU 2023

Para presentarte na ABAU compre que acades o título de bacharelato e te matricules no centro.
Prazo de matrícula: do 18 ata o 22 de maio.  
Procedemento:
  • Solicita o título de bacharelato cubrindo un modelo de pago de taxas (54 euros, 27,03 para familia numerosa xeral), paga de forma telemática ou presencialmente nun dos bancos recomendados. Axúdate destes documentos: modelo en branco, modelo  para cubrir telemáticamente. (Son tres exemplares, para ti, para o centro e para o banco)
  • Cubre o impreso de matrícula da ABAU riscando as materias das que queres ser examinado/a.
  • Cumplimenta o xustificante de pago da matrícula da ABAU (63,67, ou 31,84 para familia numerosa xeral), e vai a pagar presencialmente a un banco autorizado (son 3 fotocopias)

  • Acudir á secretaría cos seguintes papeis: o xustificante de pagar o título de bacharelato, xustificante de pagar a matrícula da ABAU, fotocopia do DNI ou pasaporte, impreso de matrícula da ABAU, acreditación de descontos si é o caso.
  • A administrativa/o do IES te matricula e se xera un código para activar a túa conta de usuario/a en Nerta, e cada estudante recibe ese código de acceso no seu correo electrónico (non no do IES)
  • Terás que seguir as instrucións para activar túa conta en Nerta con ese correo, é aquí, en NERTA, onde poderás ver si estás matriculado/a das materias correctas, as túas cualificacións dos distintos exames cando realices as probas, e realizar a solicitude de admisión no SUG.

Ningún comentario: