As Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP 2023) están organizadas pola Universidade da Coruña e o Servizo Municipal de Educación e teñen como obxectivo informar o alumnado dos estudos universitarios que se ofertan nas tres universidades públicas de Galicia (UDC, USC e UVIGO), os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña. En breve poderás participar si t inscribes.
Poderás participar si estás matriculada/o en bacharelato e desexes coñecer os estudos de universidades públicas de Galicia, tamén os estudos superiores de deseño, arte dramática e restauración.
Poderás participar si estás matriculada/o en 4ºESO e queres visitar centros de FP
Para o alumnado que non estea matriculado en centros da cidade, ábrese un período específico de inscrición desde o 13 ao 16 de marzo.
Do 20 ao 24 de marzo: presentación dos estudos universitarios na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos (Campus de Elviña). Tamén haberá unha mesa sobre os estudos militares e de policía.
Do 27 ao 30 de marzo: visitas aos centros públicos de FP da cidade para coñecer a oferta de ciclos formativos.
O 30 de marzo: presentación dos Estudos Superiores de Deseño, Arte dramática e Restauración na EASD Pablo Picasso.
INSCRICIÓN
A solicitude en liña faráa directamente a persoa interesada en acudir ás xornadas a través desta ficha de inscrición, indicando o centro educativo ao que pertence, as mesas e visitas ás que quere acudir, así como os seus datos persoais.
Unha vez feita a solicitude, a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, no que se incorpora a credencial de acceso ás XOUP. Este PDF envíase ao correo electrónico indicado no formulario.
PRAZO
A inscrición para o alumnado dos centros da Coruña é do 2 ao 16 de marzo ás 14.00 h.
A inscrición para o alumnado de centros de fóra da cidade é do 13 ao 16 de marzo ás 14.00 h.
ACCESO ÁS XORNADAS
O alumnado ten que presentar a credencial correspondente para poder acceder ás XOUP.
A organización pode solicitar que a persoa asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.
NOVIDADES
As sesións das mesas universitarias publicaranse a posteriori na canle de Youtube: @CorunaEducaMemoria
As mesas universitarias realizaranse na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos (CAMPUS DE ELVIÑA).
Durante a semana do 20 ao 24 de marzo haberá un punto informativo na sede das XOUP atendido por persoal da Rede Municipal de Información Xuvenil e do Servizo de Estudantes da UDC
Ningún comentario:
Publicar un comentario