xoves, 7 de abril de 2022

ENCONTROS VIRTUAIS: PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA NA UNIVERSIDADE GALEGA

A USC dentro dos Encontros virtuais que organiza do 8 ao 13 de abril, ofrécenos unha videoconferencia sobre a preinscrición e matrícula na Universidade Galega, e outras moitas sobre os diferentes graos. Para participar nas videoconferencias, debes proceder da seguinte forma:

  1. Entra en "Encontros virtuais"
  2. Preme no botón “Acceder á videoconferencia”.
  3. Ábrese o Navegador e, se non tes instalado Teams,  elixe “Continuar en este explorador
  4. Ábrese outra ventana e elixe “Unirse ahora
  5. Xa podes participar na Videoconferencia. 
Tes varias datas: Venres, 8 de abril, de 10:00 a 11:00h. e  16:00 a 17:00h.

Luns, 11 de abril,  de 10:00 a 11:00h. Martes, 12 de abril,  de 9:00 a 10:00h. Mércores, 13 de abril,  de 11:00 a 12:00h.

Ningún comentario: