luns, 23 de marzo de 2020

FAI A TÚA CONSULTA

Ola, nestes tempos tan raros, temos que continuar coa rutina diaria, é o que recomendan os/as expertos/as, seguir activas e activos facendo o que facíamos, é decir, tres tipos de tarefas: de responsabilidade, de autocoidado e de ocio. Axustádevos ao máximo ao que faciades antes do coronavirus, mantede os vosos horarios, e continuade traballando.
Infórmovos dun novo espazo neste blog de orientación vocacional, "fai a túa consulta", onde poderedes consultarme o que precisedes, so tedes que poñer o voso nome, o voso correo, e logo a consulta no apartado correspondente, eu contestareivos ao voso correo persoal. É totalmente privado.
Espero que estedes sanas e sanos, e tamén as vosas familias, coidádevos moito e animádevos a utilizar "fai a túa consulta" . Un forte abrazo.

Ningún comentario: