A Fundación Amancio Ortega convoca 400 becas dirixidas a estudantes e estudantas de 4º curso de ESO en España, e 70 para os estudantes de Galicia.
As becas permiten estudar 1º de bacharelato nun High School de Estados Unidos ou Canadá, convivindo durante o curso escolar cunha familia de acollida no país de destino.
A beca cubre tódolos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro e vivir unha experiencia única: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitriona, seguro médico e de accidentes, vonvalidación do ano académico e apoio continuado durante a estancia.
Datas para realizar a solicitude: do 12 de setembro ao 10 de
Requisitos:
- Estar matriculado/a en 4ºESO no 22-23
- Ter cursado 1º, 2º e 3º de ESO conforme ao sistema educativo español.
- Non ter experimentado unha experiencia igual ou superior a 4 meses como estudante/a internacional nun país estranxeiro, durante 1º, 2º, 3º e ou 4º.
- Nota media de polo menos 7 en 3º de ESO
- Nota mínima dun 7 en inglés en 3º de ESO
- Precisan información tributaria pero non hai mínimo ou máximo de ingresos
- Estar en posesión do DNI ou NIE, e os/as seleccionados/as terán que dispoñer de pasaporte español no momento de tramitación do visado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario