INSTRUCCIÓNS
PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E
DESEÑO PARA O CURSO 2017/2018
Inscrición
Lugar:
Farase na secretaría das escolas de arte e deseño públicas
elixidas en 1º lugar
Prazo:
9 de xuño ata o 20 de xuño para os ciclos de grao superior, e ata o
21 de xullo para os ciclos de grao medio
Entregarase
unha única solicitude xunto coa documentación que proceda e:
- DNI ou NIE
- Título de ESO ou bacharelato, ou certificación académica en que figure ter o depósito do título, libro de cualificacións da ESO ou bacharelato.
- Certificado da proba de acceso ao ciclo se é o caso
- Outros
Publicación
de listaxes de aspirantes admitidos: 21 de xuño
Reclamación:
22 e 23 de xuño
Publicación
de listaxes definitivas: 28 de xuño
Requisitos
para acceder ás ensinanzas profesionais de grao medio
Estar
en posesión do GESO ou equivalente e superar unha proba específica
As
persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia poderán
presentarse á proba de acceso, deberán acreditar que están en
posesión da titulación requerida no mes de setembro.
Requisitos
para acceder ás ensinanzas profesionais de grao superior
Estar
en posesión do título de bacharel e superar unha proba específica
As
persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia poderán
presentarse á proba de acceso, deberán acreditar que están en
posesión da titulación requerida no mes de setembro.
Proba
de acceso a grao medio
- Proba de madureza: 5 de setembro
- Proba específica: 11 de setembro:1º exercicio: 10:00-11:00 horas2º exercicio: 12:00-14:00 horas3º exercicio: 17:00-19:00 horas
Proba
de acceso a grao superior
- Proba de madureza: 29 de xuño
- Proba específica para todas as familias: 7 de xullo1º exercicio: 10:00-11:00 horas2º exercicio: 12:00-14:00 horas3º exercicio: 17:00-19:00 horas
Acceso
directo
Os
que estén en posesión dun título de técnico ou técnico superior
de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionda co
ciclo a que se pretende acceder.
Estará
exento de realizar a proba específica quen esté en posesión do
título de bacharelato de artes, o título superior de artes
plásticas ou título superior de deseño nas súas diferentes
especialidades, o título superior de conservación e restauración
de bens culturais nas súas diferentes especialidade, Grao en belas
artes, Arquitectura, Enxeñaría técnica en deseño industrial, ou
quen acredite experiencia laboral de polo menos un ano relacionada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario