martes, 10 de febreiro de 2026

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2026

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026, durante o verán, poderedes viaxar a Portugal, Canadá, Reino Unido, Francia e Alemaña.
Accede á convocatoria.
PRAZO

Do 4 de febreiro ao 3 de marzo

REQUISITOS
Estar cursando 1º ou 2º de bacharelato
Ter todo superado do curso pasado
Ter acadado no curso 2024/25, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.
Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte.
SOLICITUDES
Poderás facelo en liña a través dun formulario na aplicación dispoñible na seguinte enderezo:https://www.edu.xunta.gal/axudasle/



Ningún comentario: