Se non tes un centro próximo ao teu domicilio para cursar os estudos que desexas, xa está aberto o prazo para solicitar praza nun Centro Residencial Docente.
As solicitudes presentaranse por vía electróncia dispoñible en https://sede. xunta.gal, poderase facer tamén de forma presencial no CRD.
Requisitos:
- Estar matriculada en estudos posobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2020/21.
- Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos.
- Que o ciclo que vas a estudar non se imparta na localidade onde resides, nin nunha localidade proxima
Prazos
- Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 10 de xullo de 2020 (este incluído)
- Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 3 de agosto de 2020 (este incluído).
- Cando, feita a adxudicación de prazas en período ordinario, sigan existindo prazas vacantes, o centro residencial abrirá un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 15 e o 22 de setembro de 2020, ambos incluídos
Documentación:
Poderase presentar por vía electrónica ou de forma presencial:
- Anexo II da orde
- Xustificante de matrícula para o 20/21
- Copia do libro de familia
- Certificado de convivencia
- Certificado das notas do curso 19/20
- Certificado de discapacidade, de ser o caso
Ningún comentario:
Publicar un comentario