Si te interesa coñecer as materias que se imparten no bacharelato, consulta este enlace, xa sabes que o que escollas dependerá tamén das posibilidades organizativas do centro.
Si queres saber cousas sobre esta etapa: como se accede, tipo de materias, como se promociona de curso e algo máis, consulta neste enlace.
No IES David Buján terás en 1º as seguintes materias optativas:
Segunda lingua estranxeira, música, tecnoloxías da información e da comunicación, antropoloxía, literaturas hispánicas, matemáticas I, bioloxía e xeoloxía, economía, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, latín I, grego I, debuxo técnico I, física e química, tecnoloxía industrial I, historia do mundo contemporáneo.
E en 2º poderás optar entre as seguintes materias optativas:
Segunda lingua estranxeira, ética e filosofía do dereito, filosofía da ciencia e da tecnoloxía, métodos estadísticos e numéricos, xeografía e historia de Galicia, historia da música e da danza, literatura galega do século XX e da actualidade, matemáticas II, bioloxía, ciencias da terra e ambientais, debuxo técnico II, física, química, electrotecnia, tecnoloxía industrial II, xeografía, economía da empresa, grego II, latín II, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II literatura universal, historia da arte, xeoloxía.
É moi importante si non tes decidido o que vas facer revisar a Guía so Sistema Universitario de Galicia, xa que poderás completar moita información: desde a relación entre as materias do bacharelato e a universidade, ata os títulos de grao que temos en Galicia repartidos entre as tres universidades, así como unha ficha por cada título na que poderás ver as materias, saídas profesionais e outras cousas de interés.
Non esquezas manexar as ponderacións para o acceso á universidade si vas a por todas en selectividade.
E xa sabes, ven en calquer recreo ao departamento de orientación si queres axuda, estaremos encantadas de intentar aclarar as túas dúbidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario