domingo, 30 de xaneiro de 2022

ACCESO AO CICLO SUPERIOR DE ILUSTRACIÓN

Os ciclos superiores de FP de artes plásticas e deseño, cúrsanse nas Escolas de Arte Superiores de Deseño, en Galicia hai catro, falaremos da que nos queda mais cerca, a Pablo Picasso en A Coruña. Aquí podes cursar ciclos superiores de FP de artes ou ensinanzas artísticas superiores equivalentes aos graos universitarios.




Teñen acceso directo os que cursaron un bacharelato artístico ou un ciclo superior de artes relacionado, ou experiencia laboral dun ano.

O requisito é ter o título de bacharelato (non te exixen superar a ABAU) e superar unha proba específica diferente en función do ciclo superior ao que se quere accede

Cando te inscribas se non tes ainda o título de bacharelato e non estás segura/o de conseguilo podes inscribirte tamén nunha proba de madurez (para maiores de 19)

Cando como e onde: o prazo para inscribirse soe ser  mediados Abril e principios de Maio, onde na Escola onde queres estudar, e terás que cubrir un impreso de solicitude e entregalo na escola


Ningún comentario: