mércores, 17 de febreiro de 2021

PROTOCOLO ABAU 2021

O alumnado deberá estar presente ás 9:00h e acudir despois puntualmente aos exames.

Aqueles/as que só se presenten á parte voluntaria, sempre que estean matriculados/as correctamente, poderán acudir de modo directo aos exames correspondentes.

Os/as alumnos/as que detecten erros na súa matrícula deberán comunicalo ao presidente/a da comisión delegada no momento da presentación, mediante solicitude no formulario que se lle facilitará. Despois da presentación non se permitirán mais cambios nas materias. Se un/unha alumno/a se examina dunha materia distinta das que figuran na súa matrícula, o exame quedará anulado.

No momento da presentación as alumnas/os serán chamados/as de viva voz, individualmente identificados/as, e serán colocados/as nun posto dentro da aula, será o mesmo para tódolos exames.

Os/as alumnos/as recibirán un xogo de etiquetas adhesivas con código de barras, garantes da súa identificación e anonimato. Debedes levalas sempre con vós en bo estado, evitando o contacto co xel desinfectante, que pode danalas e inhabilitar a súa lectura. En caso de perda ou deterioro, debedes comunicalo a algún profeseor/a, que as repoñerá por outras. En ningún caso deberán entregar o exame sen etiquetas.

Cada alumna e alumno deberá levar consigo: máscara, etiquetas, DNI ou outro documento de identificación, resgardo de matrícula e xustificante de pagamento, boli ou pluma de tinta indeleble azul ou negra.

Poderedes levar tamén xel desinfectante (recoméndase), panos de usar e tirar e bebida (auga ou refresco en botella transparente sen etiquetado)

Materiais específicos:

  • Dicionario latín/español ou galego para o exame de latín II, con apéndice gramatical, pero sen páxinas de contidos literarios, que deberán ser extraídas ou grampadas. Non está permitido ningún caderno solto nin dicionario que non sexa orixinal.

  • Dicionario grego/español ou galego para o exame de grego II con apéndice gramatical. Non está permitido ningún caderno solto nin dicionario que non sexa orixinal.

  • Material de debuxo e pintura para os exames de Debuxo Técnico II e Deseño

  • Calculadora, sen capacidade de programación e sen capacidade gráfica, para os exames de Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, Física, Química e Economía da empresa. Comprobarase que a calculadora cumpre os requisitos, de non ser así seralle retirada ao alumno/a e non poderá substituila por outra.

O alumnado non poderá acceder con móbil, reloxo ou outro dispositivo electrónico activado. Poderá esto ser obxecto de expulsión ou anulación total da proba.

As alumnas/os poden introducir na aula unha mochila, carteira ou bolsa de deporte, con todas as súas pertenzas, incluídas comida e bebida, sempre que cumpra as normas.

O/a alumno/a deberá manter despexados os pavillóns auditivos, para comprobación de que non leva dispositivos non autorizados.

Unha vez distribuídos os exames, os/as alumnos/as deberán permanecer na aula polo menos 30 minutos. Si transcorrido ese tempo se desexa abandonar sen realizar o exame, deberá entregar a un/unha profesor/a o exame en branco pero debidamente etiquetado, así como o folio cos enunciados do exame. Nunca se deixarán exames nas mesas.

Ninguén pode fotografialos nin difundir o seu contenido. Os exames serán colgados na páxina oficial da CIUG ao concluir a quenda.

No lugar haberá reloxios ben visibles

Os exames teñen que ser anónimos, non poden presentar sinaturas, cores ou calquera marca que permita a identificación. O incumprimento pode ser causa de anulación do exame.

En cada materia entregaráselle aos alumnos/as un caderno de exame con dúas follas A3 (portada), unha cabeceira adhesiva e sete páxinas A4 en branco. Poderedes escribir nas 7 páxinas A4. Deberedes usar únicamente o caderno de exame e nunca engadir nin arrincar páxinas do mesmo.

Cada exame consta dun número de preguntas, todas poden ser elixidas, deberanse responder o número máiximo que se indica. Se se responde a mais, só serán corrixidas as primeiras respondidas ata o número máximo permitido.

Se te collen copiando poderás ser obxecto de medidas disciplinarias como a expulsión ou a anulación total da proba.

Para entregar o exame, realizarase a man a un/unha profesor/a, quen comprobará que se cumpren os requisitos.

Unha vez fóra da aula non se permite a permanencia nos corredores, o alumnado deberá abandonar o centro, evitando formar grupos nas inmediacións.


NORMAS ESPECÍFICAS DE PREVENCIÓN


O alumnado en illamento por COVID 19, acreditado/a e matriculado/a na convocatoria ordinaria que non poida presentarse, pero poida facelo na convocatoria extraordinaria de xullo, será considerado/a alumnado da convocatoria ordinaria para efectos de acceso ao SUG.

Se un/unha alumno/a mostra síntomas de contaxio durante a proba será levado a unha sala e avisarase á familia.

Se un/unha alumno/a estivera exento do uso da máscara deberá comunicalo no momento da presentación, mostrándolle o documento acreditativo, nese caso poderá empregar pantalla, a maior distancia ou, se fora preciso, nunha estancia aparte.

Para o alumnado con NEAE adoptaranse as medidas solicitadas e autorizadas asegurando a igualdade de oportunidades e accesibilidade universal. Poderán acudir a realizar a proba na CD 25 ONCE-Pontevedra ou nunha comisión designada en cada campus, cos medios humanos e materiais precisos (asistencias, apoios, axudas técnicas, ampliacións de exames, lecturas comprensivas, ampliacións de tempos, etc).

Recoméndase uso frecuente de xel desinfectante, lavado de mans, haberá bolígrafos desinfectados por si se esgotan ou deterioran os de uso particular.

A mochila, carteira ou bolsa deberá estar contigo en todo momento, no exame será depositada ao seu carón, á vista de todos.


Estas medidas están supeditadas a posibles modificacións que indiquen as autoridades sanitarias e educativas.




Ningún comentario: