venres, 19 de xuño de 2020

XORNADA DE PORTAS ABERTA NA UVIGO

Dende a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, organizan a Xornada de Portas Abertas Virtual (a Energy Virtual) o próximo día 25 de xuño dende as 12 horas ata as 13 horas.
O obxectivo é mostrar aos rapaces e rapazas de secundaria as posibilidades e saídas profesionais que teñen os nosos graos: Grao en Enxeñaría da Enerxía Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.


Para acceder á Xornada só tes que seguir os seguintes pasos:

Contrasinal de estudante: 6rAsLWyz

Escribe o teu nome e a inicial do teu apelido (exemplo: Alberto G)
Dúas posibilidades de acceso

·        Micrófono, poderás escoitar todo e poderás compartir micrófono e cámara. IMPORTANTE: deixa silenciado o micro se non fas uso del.
·        Oínte, só poderás escoitar.

Esperámoste ese día para que coñezas a grande familia que forma a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.

#PorUnFuturoCheoDeRecursos.

Ningún comentario: