domingo, 14 de xuño de 2020

PROBAS DE ACCESO A ARTE DRAMÁTICO 2020/2021

Inscrición: Do 18 ao 29 de xuño, ambos días incluídos.
Realización: A patir do 13 de xullo.

As probas serán presenciais para a especialidade de Interpretación, e telemáticas para Dirección Escéncia e Dramaturxia, e Escenografía. 




Inscrición

A inscrición nas probas de acceso pódense presentar desde o día 18 ata o día 29 de xuño, ambos os dous incluídos, por vía telemática cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.es/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As probas substitutivas do requisito de titulación de bacharelato terán lugar o día 6 de xullo en Santiago de Compostela.


Realización
As probas de acceso darán comezo o día 13 de xullo.


PROBAS PRESENCIAIS | Especialidade de Interpretación

Debido á situación sanitaria creada pola COVID-19, a ESAD de Galicia vai establecer un PROCEDEMENTO COAS MÁXIMAS GARANTÍAS DE SEGURIDADE para o desenvolvemento das probas de acceso presenciais na especialidade de Interpretación, respectando todas as MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE recollidas na Resolución, de 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidad e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial.

                


Ningún comentario: