mércores, 16 de xuño de 2021

PRAZAS DE RESIDENCIA EN CENTROS RESIDENCIAIS DA CORUÑA, OURENSE E VIGO 2020

Se non tes un centro próximo ao teu domicilio para cursar os estudos que desexas, xa está aberto o prazo para solicitar praza 
nun Centro Residencial Docente. 


Requisitos:
Alumnado que no curso académico 2021/22 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.

As prazas poden ser gratutitas ou bonificadas:
A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación para o curso 2019/20 (Boletín Oficial del Estado núm. 199, do 22 de xullo).

Bonificadas: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 578,32 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 886,83 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.423,59 €.
d) Máis do 30 %: 2.112,22 €.

Prazos

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato ata o 9 de xullo de 2021 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos ata o 2 de agosto de 2021 (este incluído).

Documentación:

Accede á solicitude co procedemento ED306A

Ningún comentario: