domingo, 17 de xaneiro de 2021

PILOTO/A DE AVIACIÓN EN ADVENTIA

Adventia é unha escola aeronáutica, un centro adscrito á universidade de Salamanca, pero é privado, polo que teredes que pagar unha pasta, 136.000 euros en 4 anos, por ano 34.000 pero según din pódese financiar a través dun banco (BBVA ou outro). Aquí encárganse da formación de pilotos/as civiles pero tamen poderás facer alí un curso de tripulante de cabina de pasaxeiros, un curso de piloto de drones e de RPAS.


Precisarás para incorporarte superar a ABAU, un recoñecemento médico de clase 1 (unha proba psicotécnica, electrocardiograma, recoñecemento da vista, analítica etc), o B2 de inglés, o bacharelato debería ser cursado na modalidade de ciencias xa que as matemáticas e a física son materias fundamentais, ainda que din que non sería impedimento. A nota de corte é de 5. 
Se queres consultar mais cousas deixáronnos o seguinte:

Ningún comentario: