domingo, 28 de xuño de 2020

ADMISIÓN Á FP 2020-2021

Xa está aberto o plazo para solicitar ciclos (medios e superiores, os básicos en setembro), tes ata o 8 de xullo. É moi importante ter as túas preferencias claras, fai unha listaxe dos ciclos que te interesan ordeados de maior a menor preferencia. 

En primeiro lugar tes que solicitar praza, para elo cubres un formulario nunha aplicación informática, escribindo os teus datos e os ciclos que solicitas por orde de preferencia. Podes consultar información para cubrir o formulario aquí. O podes ver un video sobre como cubrir a solicitude, está moi ben.

PRAZOS

Calendario de admisión:

Ordinario: do 25 de xuño ao 8 de xullo

Extraordinario: do 1 ao 9 de setembro

CICLOS FORMATIVOS

Consulta os folletos cos ciclos de grao medio e superior por familias.

Consulta os ciclos básicos, medios e superiores por familia e ciclos.

Consulta os ciclos por provincia e concello.

CUBRIR A SOLICITUDE

Deberá cubrirse unha única solicitude para cada modalidade e grao utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.es/fp. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos para ser selada, datada e validada.

CRITERIOS PARA O DESEMPATE

Recorda que os que acceden no período ordinario teñen preferencia sobre os de setembro. A nota media é tamén fundamental, para grao medio será a media de 4º de ESO e para grao superior será a media de bacharelato.

Criterios de desempate Aplicarase o establecido nos artigos 10, 11, 12 e 13 da Orde do 15 de xuño de 2016. A relación de ciclos formativos co sexo preferente que corresponde asignar nos casos de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar está dispoñible no enderezo web www.edu.xunta.es/fp. De persistir o empate, este resolverase atendendo ao publicado na Resolución do 26 de febreiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fai público o resultado do sorteo a que fai referencia o artigo 29 da Orde do 12 de marzo de 2013. Consonte o resultado do sorteo, serán as letras T e G as de prioridade que afectan ao primeiro apelido, e as letras E e X as que afecten ao segundo apelido, para os efectos de resolución do desempate na orde de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos no curso 2020-2021.

Ciclos de grao medio preferentes para os/as que acceden co título de FPB

Criterios desempate para o acceso a grao medio e superior (letras do sorteo e sexo preferente)

Modalidades preferentes de bacharelato e materias vinculadas para o acceso a grao superior.

MATRÍCULA

Deberase obter o modelo de impreso de solicitude de matrícula (para o réxime ordinario ou para o réxime de persoas adultas segundo corresponda) que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.es/fp. Este documento, cuberto coa matrícula e asinado, deberá entregarse persoalmente ou por persoa autorizada no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación no centro en que lle fose adxudicada a praza en que se vaia matricular. Así mesmo, está dispoñible o servizo de reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática; esta é unha opción máis recomendable que a de efectuala de xeito presencial. De non efectuar a matrícula no prazo correspondente á praza adxudicada perderá o dereito á súa praza e só poderá matricularse no caso de existir prazas vacantes. Para o 1º curso do réxime ordinario e para o réxime de persoas adultas en modalidade a distancia poderase realizar a solicitude/ reserva de matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet na aplicación informática que se atopará no enderezo web http://www.edu.xunta.es/fp. Para o acceso, entre outros procedementos de autentificación, será preciso cubrir os datos de identificación e da solicitude de inscrición coa que se obtivo a praza adxudicada.

RENUNCIA Á PRAZA ADXUDICADA

As persoas solicitantes de primeiro curso do réxime ordinario poderán renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que lles sexa adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará á praza que lle fose adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia deberase realizar a través de internet na aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.es/fp.

O feito de renunciar á adxudicación dunha praza do réxime ordinario é condición indispensable para permanecer na listaxe de espera dos ciclos de maior preferencia que a praza adxudicada. As persoas solicitantes admitidas no réxime ordinario que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e só poderán matricularse no caso de existir prazas vacantes ou liberadas.

LIBERACIÓN DE PRAZAS

Poderanse liberar as prazas vacantes dos ciclos formativos ata o 31 de xullo ás 13:00 horas para alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes de matrícula. A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar na páxina web de formación profesional.


Ningún comentario: