luns, 18 de maio de 2020

PARA ARKAITZ SOBRE AS PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO 2020


Según o calendario do portal educativo da Xunta de Galicia, está previsto que o exame se celebre  en 10 días, o 28 de maio. O lugar ainda non se publicou, atentos e atentas que esto sairá en breve.

Consulta si a túa solicitude está admitida.
A proba divídese en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.
Contidos
Accede aos contidos e criterios de avaliación para saber o que entra.
Avaliación
A cualificación de cada parte da proba (sociolingüística, matemática e científico-técnica) será numérica, entre cero e dez puntos. A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de 4,00 puntos en cada parte (sociolingüística, matemática e científico-técnica) e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais. Será positiva a cualificación de 5,00 puntos ou superior. En caso contrario, a nota final cualificarase como “non apto/a”. Para calcular a media da nota de cada parte non é preciso ter unha nota mínima nas materias que constitúen esa parte. 
Exames doutros anos
Na páxina de FP do portal da xunta de Galicia tes un montón de exames cos resultados, podes practicar e logo ver que nota sacarías.

Ningún comentario: