domingo, 24 de maio de 2020

NOVAS DATAS PARA AS PROBAS DE ACCESO Á FP 2020

Xa temos calendario para os exames de acceso a grao medio e grao superior de formación profesional. O 10 de xuño para grao medio e o 11 de  xuño para grao superior. Os lugares de celebración da proba publicaranse o 29 de maio.

Acceso a grao medio:
Os exames terán lugar o día 10 de xuño de 2020
O día 29 de maio farase pública a relación de centros públicos onde se vaian a constituir as comisións de realización das probas, así como os centros adscritos en htttp://edu.xunta.gal/fp 4. 
Deberedes presentar o DNI e a copia da folla da solicitude de inscrición nos exames. 
  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística. 
  • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica

A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 17 de xuño
As reclamacións se poderán solicitar do día 17 ata o día 19 de xuño, no mesmo centro onde se realizara a inscrición.
A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 26 de xuño. 
Acceso a Grao Superior:
Terán lugar o día 11 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá). 
  • Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII da orde da convocatoria). 

A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 17 de xuño. 
Poderanse presentar reclamacións desde o día 17 ata o día 19 de xuño, no mesmo centro onde se realizara a inscrición. 
A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 26 de xuño

Ningún comentario: