domingo, 31 de maio de 2020

LUGAR DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO E SUPERIOR 2020

Xa sabemos o lugar onde terás que acudir para facer os exames, para o alumnado que se matriculou no IES de Curtis será no CIFP de Someso. 

Recorda:

  • Leva aos exames o DNI e copia da folla da solicitude de inscrición. Non se permitirá o acceso ao lugar de celebración da proba sen os devanditos documentos. 
  • Non se poderá acceder ao lugar de realización das probas con ningún aparello que permita transmitir e/ou almacenar información, móbiles nin calquera dispositivo electrónico, agás as calculadoras permitidas só para a realización da parte científico técnica (Ciencias da Natureza e Tecnoloxía). Na parte matemática non se permite o emprego da calculadora.  O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas poderá ser causa de exclusión.
  • So poderás usar: Bolígrafos de tinta negra ou azul. Na proba de Tecnoloxía poderase empregar calculadora que non sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e/ou transmitir datos.
  • Consulta e repasa como terás que cubrir o teu DNI na folla de respostas.

Horario:
Presentación: Ás 9:00 horas. 
Parte matemática e parte sociolingüística da proba: Das 09:30 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais). 
Parte científico-técnica da proba: Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía). 
En cada chamamento as persoas inscritas seguirán as instrucións dadas polos centros. As persoas que estean exentas de realizar a parte matemática e a parte sociolingüística acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas. As persoas que estean exentas de realizar a parte científico-técnica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas. As persoas que estean exentas das tres partes non terán que acudir á celebración da proba. Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización.
Grao Medio: 10 xuño
Grao Superior: 11 xuño

Ningún comentario: