mércores, 13 de maio de 2020

ACCIÓNS DE INFORMACIÓN SOBRE A ABAU E OFERTA FORMATIVA DA UVIGO

Nesta etapa de confinamento, na que a presencialidade non é unha opción, a Universidade de Vigo deseñou unha serie de accións específicas para manter informados aos centros de secundaria e de FP con respecto ás novidades que imos coñecendo da ABAU e da matrícula, así como sobre a nosa oferta formativa e a vida universitaria.
Poderás asistir a unha Xornada de Orientacion Universitaria Virtual:  Poderás informarte desde a túa casa sobre as novidades da  ABAU, a preinscrición, o acceso, a matrícula, a oferta dos graos e as súas saídas profesionais así como sobre os  distintos servizos xerais da nosa universidade 
O vindeiro 13 de maio, de 17.00 a 19.30 h, #ConectacoaUVigo!
Entra en Campus Remoto coa clave de acceso do estudantado 5b9Uvb
Poderás asistir a unha Xornada de Portas Abertas Virtual:O día 14 de maio, na Xornada de Portas Abertas Virtual, poderás preguntarlle ao profesorado das diferentes titulacións todas as cuestións que precises para definir o teu futuro académico. En función do ámbito de coñecemento que che interese, entra na sala que corresponda coa clave de acceso.
O acceso á sala directo está limitado a 101 persoas. Unha vez completada a capacidade só se poderá seguir a sesión a través do streaming directo.
 #ConectaCoaUVigo (servizo de información para o alumnado): Para que todas as vosas consultas virtuais dirixidas á Sección de Información ao Estudante (SIE) sexan máis doadas, a Universidade de Vigo pon en marcha unhas sesións semanais #ConectaCoSIE nas que o futuro alumnado poderá conectarse co persoal do SIE a través do vídeochat para solucionar as súas dúbidas sobre o acceso e a matrícula.
As sesións de vídeochat realizaranse a través da plataforma Campus Remoto todos os xoves de 11.00 a 13.00 h.
Para acceder só tes que premer nesta ligazón e entrar co perfil de estudante indicando o teu nome e a clave pdJK7w57.
Se precisas máis información, convidámoste a consultar o apartado dirixido ao noso futuro alumnado de grao.

Ningún comentario: