martes, 31 de marzo de 2020

SOLUCIÓNS PARA AS PRÁCTICAS EN FP 2020

Non hai novas definitivas, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e o Ministerio de Educación y Formación Profesional, xunto co resto das Comunidades Autónomas, están pensando que facer. 




A proposta é que, sempre que sexa posible, se realice nos centros de traballo o mínimo de horas establecido pola normativa para cada caso, segundo se trate de grao medio, de grao superior ou de FP Básica.
De non ser posible completar as horas en empresa debido ás circunstancias actuais de Estado de Alarma, a opción que se baralla é que esas horas queden compensadas a través do proxecto. É dicir, favorecer a integración dos dous módulos (empresa e proxecto) nun único, de xeito que as horas que non se poidan executar en presencial en empresa se compensen coas de proxecto, no caso dos ciclos de grao superior. Para ciclos de grao medio e FP Básica, que non teñen módulo de proxecto, acordouse artellar fórmulas análogas.

Ningún comentario: