domingo, 26 de xaneiro de 2020

BECAS DE POSGRAO NO ESTRANXEIRO DA FUNDACIÓN BARRIÉ 2020

A Fundación Barrié convoca a 31ª edición do Programa de Becas de Posgrao para a ampliación de  estudos no estranxeiro. Ten previsto conceder un máximo de 10 becas para a realización de estudos de Máster con dedicación a tempo completo.
Accede ás bases,  se te interesa. 
A beca terá unha duración dun curso académico, prorrogable por un segundo curso cando a duración dos estudos así o requira. Cubre a matrícula do programa, a viaxe e poderás disfrutar dunha asignación mensual para o aloxamento e manutención.



Entre os requisitos das solicitantes terás que ter un título de grao e estar en posesión do B2 de inglés, consúltaos de todas formas no enlace "preguntas frecuentes".
Prazos: do 9 de decembro de 2019 ata o 10 de febreiro de 2020.
A presentación de solicitudes formalizarase a través da plataforma electrónica dispoñible na páxina web da Fundación Barrié, onde se describen as instrucións pormenoriadas para levala a cabo.
Consulta as bases da convocatoria.

Ningún comentario: