luns, 24 de xuño de 2019

ADMISIÓN E MATRÍCULA NAS UNIVERSIDADES GALEGAS 2019


Xa está aberto o prazo para solicitar ser admitido/a a algún título de grao. Será necesario cubrir unha solicitude de admisión (preinscrición) dentro dos prazos establecidos: a través da aplicación NERTA ou entregandoa debidamente cuberta nos LERD. 

  • A convocatoria ordinara será do 24 xuño ao 2 de xullo: Cada alumno/a, presente ou non revisión de cualificacións, poderá presentar un único impreso de solicitude, no que indicará por orde de preferencia as titulacións nas que desexa matricularse.
  • Do 19 de agosto ao 23 de agosto, será a convocatoria extraordinaria.
  • Na solicitude de admisión poderanse solicitar ata cinco ensinanzas universitarias diferentes, podendo chegar ata un máximo de dez peticións se as solicitudes se corresponden con ensinanzas universitarias iguais impartidas en diferentes centros.
  • É fundamental a orde de preferencia, posto que o/a alumno/a será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que acade a nota do último alumno/a admitido. Unha vez admitido nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.
Repasemos os prazos (xa os tes no caderniño da ABAU que te deron no IES):
  • 16 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA 1ª LISTAXE DE ADMITIDOS E DE AGARDA
  • 17-19 XULLO: 1º PRAZO DE MATRÍCULA (ata as 14,00 h do día 19)
  • 22 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA 2ª LISTAXE DE ADMITIDOS E DE AGARDA
  • 23-26 XULLO: 2º PRAZO DE MATRÍCULA (ata as 14,00 h do día 26)
  • 30 XULLO: PUBLICACIÓN DA 3ª LISTAXE DE ADMITIDOS E DE AGARDA
  • 31-2 AGOSTO: 3ª PRAZO DE MATRÍCULA ( ata as 14.00 h. do día 2)
  • 20 AGOSTO: PUBLICACIÓN DA 4ª LISTAXE DE ADMITIDOS E DE AGARDA
  • 21-23 AGOSTO: 4º PRAZO DE MATRÍCULA (ata as 14.00 h do día 23)
  • 27 AGOSTO: PUBLICACIÓN DA 5ª LISTAXE DE ADMITIDOS E DE AGARDA
  • 28-30 SETEMBRO: 5º PRAZO DE MATRÍCULA ( ata as 14.00 h. do día 30)
  • 3 SETEMBRO: PUBLICACIÓN DA 6ª LISTAXE DE ADMITIDOS E DE AGARDA
  • 4-6 SETEMBRO: 6º PRAZO DE MATRÍCULA ( ata as 14.00 h do día 6)
  • 10 SETEMBRO: PUBLICACIÓN DA 7ª LISTAXE DE ADMITIDOS E DE AGARDA
  • 11-13 SETEMBRO: 7º PRAZO DE MATRÍCULA derradeiro ( ata as 14.00 h. do día 13)
  • 16-31 OUTUBRO: Chamamentos pola listaxe de agarda das vacantes producidas.
  • 3 OUTUBRO: Preasignación de prazas (Prazo extraordinario de matrícula para os que realizaron a ABAU en setembro fóra de Galicia) 
  • 4-8 OUTUBRO: prazo extraordinario de matrícula
Consultade todo no seguinte enlace:
E agora o procedemento:
  • Se o solicitante aparece convocado/a para matricularse na titulación da súa primeira preferencia, deberase matricular no prazo establecido, do contrario perderá todos os seus dereitos.
  • Se o solicitante aparece convocado/a para matricularse nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia, poderá esperar a matricularse nela en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. 
  • No caso de matricularse nela ou en calquera outra titulación sen límite de prazas, decae dos seus dereitos de continuar no proceso de ingreso en titulacións con límite de prazas.
  • Despois da 1ª convocatoria de matrícula poden quedar prazas vacantes como consecuencia de que algún dos alumnos/as convocados non formalice a súa matrícula. Neste caso, sobre as prazas vacantes realizarase unha reasignación automática e convocarase aos alumnos/as para formalizar a matrícula, nos sucesivos prazos.
  • Se o alumno/a é convocado/a para matricularse na titulación da súa primeira preferencia, deberá facer a matrícula, pois do contrario perderá todos os seus dereitos. Enténdese por primeira preferencia aquela que o alumno/a solicitou no primeiro lugar ou en lugares sucesivos no caso de se esgotaren as prazas ("peche") das titulacións solicitadas nas primeiras preferencias.
  • Se o alumno/a é convocado/a para matricularse nunha titulación de menor preferencia, poderá facer a matrícula ou non. De facela, a matrícula considerarase firme e non terá a oportunidade de cambiarse a outra titulación.De non facela, poderá esperar a matricularse nunha titulación de maior preferencia ata o peche da matrícula nestas, o que se anunciará coa publicación dos sucesivos listados de admitidos e de espera.
  • O peche de matrícula nunha titulación implica a desaparición automática das listas de espera, non se volverá a abrir de novo a matrícula nesa titulación.

Para matricularte terás que realizalo na universidade onde vaias a estudar, aquí tes os enlaces: universidade de Coruña, Vigo, Santiago.
Toda a información está dispoñible na páxina da CIUG.

Ningún comentario: