martes, 28 de maio de 2019

PROBAS DE ACCESO 2019-2020 ARTE DRAMÁTICO

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/20. Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o seguinte formulario www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e claveChave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da escola. As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na secretaría. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría.

VACANTES DISPOÑIBLES
Especialidade de Dirección escénica e dramaturxia: 12 prazas.
Especialidade de Escenografía: 12 prazas.
Especialidade de Interpretación: 24 prazas.
DOCUMENTACIÓN
a) Copia de DNI, NIE ou pasaporte.
b) Xustificante do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, xunto cos certificados de exención ou redución correspondente, se é o caso:
 Modelo E (autocopiativo en papel facilitado presencialmente na Secretaría da escola). Modelo AI (Axencia Tributaria de Galicia). Modelos 730 e 731 (Axencia Tributaria de Galicia).
CALENDARIO
Inscrición: Do 14 de maio ata o 7 de xuño.
Listaxe provisional de admitidos: 11 de xuño.
Reclamacións: 12 e 13 de xuño.
Listaxe definitiva: 14 de xuño.
Realización das probas: Do 1 ao 5 de xullo.
Resultados: 9 de xullo.
Reclamacións: 10 e 11 de xullo.
Resultados definitivos: 12 de xullo.
Matrícula: Do 15 ao 29 de xullo.
PROBA PARA OS/AS ASPIRANTES SEN A TITULACIÓN DE BACHARELATO
Inscrición: Do 14 de maio ata o 7 de xuño.
Realización: 17 de xuño IES FONTIÑAS (Santiago de Compostela), ás 9:00 h.

Calquera consulta será atendida no 986 246 399 ou en esad.galicia@edu.xunta.es

Ningún comentario: