luns, 17 de decembro de 2018

BECAS DE POSGRAO FUNDACIÓN BARRIÉ 2019


A Fundación Barrié convoca a 30ª edición do Programa de Becas de Posgrao para a ampliación de  estudos no estranxeiro. Ten previsto conceder un máximo de 10 becas para a realización de estudos de Máster con dedicación a tempo completo.


Accede ás bases,  se te interesa. 


A beca terá unha duración dun curso académico, prorrogable por un segundo curso cando a duración dos estudos así o requira.Cubre a matrícula do programa, a viaxe e poderás disfrutar dunha asignación mensual para o aloxamento e manutención.
Entre os requisitos das solicitantes terás que ter un título de grao e estar en posesión do B2 de inglés, consúltaos de todas formas no enlace "preguntas frecuentes".
Prazos: do 3 de decembro de 2018 ata o 4 de febreiro de 2019
Solicita cubrindo un documento online si estás interesado/a.

Ningún comentario: