martes, 9 de outubro de 2018

BECAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA 2018

A Fundación Amancio Ortega convoca cada ano 500 becas dirixidas a xoves estudantes de 4º curso de ESO en España, e 100 para os estudantes de Galicia, a través dos programas “Becas Estudia en Canadá” e “Becas Estudia en USA”.
As becas permiten estudar 1º de bacharelato nun High School de Estados Unidos ou Canadá, convivindo durante o curso escolar cunha familia de acollida no país de destino.


Requisitos

Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo de España e ter pasaporte español.
Ter unha nota media mínima de 7 en 3º de ESO e dun 8,00 en inglés.
Non ter estudiado con anterioridade no estranxeiro (1º, 2º ou 3º de ESO).

Qué cubre a beca?

O 100% do coste que supón cursar un ano académico en Canadá ou Estados Unidos: viaxe de ida e volta á localidade estranxeira de destino, tasa de escolarización e convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes e unha pequena asignación mensual para gastos menores.

Cal é a duración da beca?

Todo o curso escolar 2019- 2020 (10 meses aproximadamente; desde agosto/setembro ata maio/xuño, dependendo da data de saída e o comezo do curso).

Cal é o prazo para inscribirme e dónde debo facelo?

prazo de inscripción estará aberto desde o 24 de stembro ata o 30 de outubro de 2018.  na páxina web: becas.faortega.org/faq. Dispondes dun Manual que te axudara a cumprimentar o formulario on linehttps://becas.faortega.org/mediaCache/files/Ed19-20_MANUALdeINSCRIPCION.pdf

Que documentos deben adxuntarse á solicitude?
  • O teu DNI e o dos teus pais/titores/representantes legais.
  • O teu pasaporte. Si non dispós deste documento, non é imprescindible que o adxuntes nesta fase do proceso de selección. No caso de ser finalmente seleccionado, exixiráseche un pasaporte español en vigor antes de acceder á beca.
  • Certificado de notas de 3º de ESO expedido polo teu centro educativo: nel deberá constar a nota final de todas as asignaturas e a nota media do curso sen Relixión ou o seu equivalente. Si no teu certificado no está especificada a nota media, podes calculala ti mesmo.
  • Certificado IRPF do ano fiscal 2013: este é o único documento fiscal válido para presentar a túa solicitude (non se admite o borrador da declaración nin o Modelo 100). 

Cal é o calendario da convocatoria 2018-2019?

INSCRIPCIÓN:
Do 24 de setembro ao 30 de outubro
PUBLICACIÓN DOS PRESELECCIONADOS PARA A PRIMERA FASE / PROBA ESCRITA:
Do 7 ao 14 de novembro
CELEBRACIÓN DA PRUEBA ESCRITA DE INGLÉS:
Día 23, 24 e 25 de novembro.
PUBLICACIÓN DE PRESELECCIONADOS PARA A SEGUNDA FASE / PROBA ORAL:
Luns, 2 de marzo de 2015, ás 12:00 horas
CELEBRACIÓN DA PROBA ORAL DE INGLÉS E ENTREVISTA:
12 de decembor
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE SELECCIONADOS/AS E A LISTAXE DE ESPERA
O día 28 de xaneiro

ENLACE: http://becas.faortega.org/



Ningún comentario: