mércores, 5 de febreiro de 2020

VISITA Á USC 2020: ENCONTROS NA USC

O xoves 6 de febreiro as titoras (Sandra e Elena), o alumnado do IES de Curtis de 1º de bacharelato e eu achegámonos á universidade de Santiago. 
Os rapaces e rapazas escolleron un dos 14 percorridos numerados, e alí guiados polo alumnado da universidade, visitaron ou recibiron unha charla nesas aulas magnas tan chulas. 

Accede a dous videos: video 1 e video 2
Estes foron os percorridos: 1:Filoloxía e Ciencias da Comunicación, 2: Ciencias Económicas e Empresariais, 3: Ciencias da Educación (Mestres) e Traballo Social, 4: Medicina e Enfermaría, 5: Odontoloxía e Enfermaría, 6: Xeografía e Historia e Filosofía, 7: Dereito, Relacións Laborais e Ciencias Políticas e Sociais, 8: Química e Enxeñaría Química, 9: Farmacia e Bioloxía, 10: Enxeñaría Informática e Matemáticas, 11: Física e Matemáticas, 12: Física e Química, 13: Óptica e Optometría, 14: Psicoloxía e Ciencias da Educación

Este ano coincidiume visitar o itinerario 10, teño que decir que foi un pouco tostón, déronnos unha charla sobre enxeñería informática que podiamos ter feito no instituto, o feito de desplazarnos ata Santiago merece que nos paseen polas instalacións e demais, a eso imos. Charlas podemos organizalas no IES, a súa páxina web tamén podemos facelo desde Curtis. O mesmo pasou con matemáticas, a charla durou tanto tempo que non puidemos ver nada do edificio. 


Ningún comentario: