mércores, 10 de xaneiro de 2018

DELF SCOLAIRE 2018


Son diplomas oficiais de lingua francesa, recoñecidos internacionalmente por 174 países, de validez indefinida, que podes obter presentándote e superando unhas probas de nivel que poden ser A2, B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
As certificacións DELF favorecen a mobilidade estudantil internacional ao certificar o coñecemento en lingua francesa.
Poderás matricularte desde o 1 de febreiro ao 28 do mesmo mes.



Data exames:
  • A2 será o 26 de abril e terás que pagar 69€
  • B1 será o 25 de abril e terás que pagar 89€
  • B2 será o 26 de abril e terás que pagar 105€ 
Requisitos:
  • O alumnado que curse francés como primeira ou segunda lingua estranxeira
  • Os matriculados/as en seccións bilingües en francés
  • Os que cursen o programa de dobre titulación BachiBach
Lugar de exame:
  • Celebrarase so en centros autorizados pola Consellería de Educación, poderedes facelo no IES de Curtis.
Como matricularse:
  • Teredes que falar coa coordinadora do DELF en Curtis: Mª Soledad Taboada Carballal, a xefa do departamento de francés do IES de Curtis
Consultade exames doutros anos picando neste enlace: exames anteriores, ou no seguinte enderezo: http://www.delf-dalf.es/
Se precisades mais información pasade polo departamento de orientación do IES de Curtis ou preguntádelle a Mª Soledad.

Ningún comentario: