mércores, 20 de decembro de 2017

PROGRAMA A PONTE

Onte o 19 de decembro visitou o IES de Curtis Vicente, profesor da facultade de física da USC. Falou dalgunhas cuestións moi interesantes que posibilitan unha transición máis armónica entre as dúas etapas: bacharelato e universidade. Quizá o mais relevante, desde a miña opinión, foi que nos transmitiu a idea da gran dispoñibilidade de información na actualidade, a importancia de seleccionar páxinas seguras, unha delas, a páxina das universidades públicas galegas están moi ben dotadas, poderedes consultar residencias, becas, programas de movilidade, títulos de grao, materias, profesores e moitas mais cousas. Outro aspecto no que fixo fincapé foi a idea da importancia de escoller algo que de verdade vos interese, dixo que aí está a clave do éxito.
En breve vos deixo a súa presentación.

Ningún comentario: