domingo, 2 de xuño de 2013

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO

Chámanlle gratuidade solidaria, pero as axudas van desde 104 euros a 180, e para os matriculados en centros de educación especial recibirán 250 €. De gratuidade nada, enfin algo é algo.

Estas axudas poderedes solicitalas as familas do alumnado matriculado en centros de primaria, ESO e educación especial.

Requisitos:
1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste ano académico. 
2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. 

Lugar: 
Nos centros docentes onde esté matriculado/a o/a alumno/a

Prazos:
Do 25 de xuño ao 26 de xullo para a ESO

Documentación:
  • Solicitude debidamente cuberta e asinada
  • Libro de familia
  • No caso de discapacidade dalgún membro da familia, deberá presentarse documentación acreditativa.
  • No caso de sufrir unha situación de violencia de xénero, deberá presentarse documentación acreditativa.
Tedes toda a información neste enlace.




Ningún comentario: