xoves, 18 de xuño de 2015

PRAZAS DE RESIDENCIA EN CENTROS RESIDENCIAIS DA CORUÑA, OURENSE E VIGO 2020


Se non tes un centro próximo ao teu domicilio para cursar os estudos que desexas, xa está aberto o prazo para solicitar praza nun Centro Residencial Docente. 
As solicitudes presentaranse por vía electróncia dispoñible en https://sede. xunta.gal, poderase facer tamén de forma presencial no CRD.
Requisitos:
  • Estar matriculada en estudos posobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2020/21. 
  • Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos. 
  • Que o ciclo que vas a estudar non se imparta na localidade onde resides, nin nunha localidade proxima
Prazos
  1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 10 de xullo de 2020 (este incluído)
  2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 3 de agosto de 2020 (este incluído). 
  3. Cando, feita a adxudicación de prazas en período ordinario, sigan existindo prazas vacantes, o centro residencial abrirá un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 15 e o 22 de setembro de 2020, ambos incluídos
Documentación:

Poderase presentar por vía electrónica ou de forma presencial:
  • Anexo II da orde
  • Xustificante de matrícula para o 20/21
  • Copia do libro de familia
  • Certificado de convivencia
  • Certificado das notas do curso 19/20
  • Certificado de discapacidade, de ser o caso

 






Ningún comentario: