domingo, 1 de marzo de 2020

XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL 2020

As XXVIII Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, XOUP, ofrecen a oportunidade de coñecer os estudos universitarios do SUG (Sistema universitario de Galicia), os ciclos formativos medios e superiores de FP e de ensinazas artísticas superiores que se imparten en Galicia´.

Do 30 de marzo ao 3 de abril os Estudos Universitarios no CUR
Do 23 ao 27 de marzo visitas a centros de FP
O 26 de marzo Estudos Superiores artísticos, na ESAD Pablo Picasso de A Coruña

DESTINATARIOS:

 Alumnado de 4ºESO, FP e bacharelato.

INSCRICIÓNS

As solicitudes faranse a través do centro docente do 2 de marzo ao 18 de marzo.
O Servizo Municipal de Educación remitirá aos centros as CREDENCIAIS solicitadas.

ACCESO ÁS XORNADAS

O alumnado ten que presentar a credencial para visitar os centros de FP e para acceder ás mesas universitarias

Consulta o tríptico colgado na páxina da web educativa do Ayuntamento de Coruña e solicita o que queiras cubrindo os datos a través da túa titora ou titor, xa que necesitarás unha credencial para poder asistir.

¡Anímate!

Ningún comentario: