xoves, 23 de marzo de 2017

PROBAS DE AVALIACIÓN PARA O GRAO EN CAFD

O alumnado que desexe realizar estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte no 2017-2018, terá que presentarse a unhas probas de admisión que se desenvolverán nesa Facultade (Avda Ernesto Guevara, 121, Pazos-Liáns. 15179 Oleiros (A Coruña).




Os interesados/as terán que matricularse nas seguintes datas:
1ª data: 22 de abril de 2017, do 06/03/2017 ao 31/03/2017
2ª data: 20 de xuño de 2017, do 09/05/2017 ao 02/06/2017
O "apto/a" nas probas desta convocatoria manterase ata o curso 2019/2020.

A documentación a presentar e impresos serán os seguintes:
      -Unha folla de solicitude que se cubre online e entregarase  no centro, xunto coa tarxeta das probas de admisión a documentación indicada na web da facultade.
Realizaredes os seguintes exercícios que podedes curiosear nos da páxina do INEF:

Adaptación ao medio acuático
Axilidade no chan
Carreira con obstáculos
Axilidade co balón
Resistencia cíclica
Tamén podedes consultar o regulamento das probas específicas, tedes ahí toda a información que precisedes.
Ánimo e si necesitades algo podedes buscar na seguinte dirección: www:udc.es/inef, ou vide ao departamento de orientación que vos atenderemos nos recreos o mellor que  poidamos.

Ningún comentario: