domingo, 2 de xuño de 2019

PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2019

Onte presentáronse os alumnos e alumnas do IES de Curtis á proba en Someso.
Tiveron que facer un montón de exames: de matemáticas, lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais, ciencias da natureza e tecnoloxía. 
Agora so nos queda esperar polos resultados e desexarlles moita sorte. As notas do acceso a Grao Medio saen o luns día 10 de xuño.
Consulta as calificacións aquí. as de grao superior.



Poderán presentarse a CM as/os que non cumpran os requisitos académicos e teñan 17 anos ou os fagan neste ano. Poderán presentarse a CS as/os que non cumpran os requisitos académicos  e teñan 19 anos ou os fagan no ano da proba.

PRAZOS:  O prazo de presentación para CM estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.  O prazo de presentación de solicitudes para o CS  será o comprendido entre os días 28 de xaneiro e 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.

LUGAR PARA PRESENTAR A SOLICITUDE: podes facelo en calquer centro que oferte ciclos formativos, polo tanto podes facelo neste mesmo centro.

MODELOS DE EXAMES: Para superar estes exames terás que estudiar moito, si queres consultar as probas que se fixeron en convocatorias anteriores para Grao medio, e  para Grao superior.

ESTRUCTURA DO EXAME:
Grao Medio:
  • Parte matemática: de matemáticas
  • Parte sociolingüística: lingua castelá, lingua galega e ciencias sociais
  • Parte científico-técnica: ciencias da natureza e tecnoloxía
Grao Superior:
  • Parte común: Lingua galega, Lingua castelá, Matemáticas
  • Parte específica: Opción A, B ou C (a elixir, e dentro desa opción tes que escoller dúas materias)
Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía.
Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física.
Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.

Elixe unha opción (en función das familias profesionais e os ciclos formativos a que posibilita o acceso, segundo se establece no anexo VII) e, dentro da opción elixida, escolle dúas materias. Poderás quedar exento de todo ou dalgunha parte se cumples determinados requisitos, consúltao no departamento de orientación.

ACCEDE AOS CONTIDOS: Para Grao Superior pica aquí Para Grao Medio pica aquí.

CALENDARIO: As probas terán lugar o día 10 de abril para o grao superior e o 28 de maio de 2019 para o grao medio. 

DOCUMENTACIÓN PARA A INSCRICIÓN: As solicitudes deberán imprimirse en papel, utilizando o formulario normalizado, Grao mediohttps://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do ou Grao superior,  cubre os datos que aparecen e faille unha copia, preséntao na secretaría deste mesmo IES. Tamén podes cubrilo na rede, no que se xera a solicitude que tererdes que imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

Exencións da parte sociolinguística da proba a CM: Presenta unha certificación académica de ter superados os módulos profesionais de Comunicación e Sociedade I e II dun título de FPB, ou do nivel II de ESO para adultos.
Exencións da parte matemática e da parte científico-técnica da proba a CM: Presenta unha certificación académica de ter superados os módulos profesionais de Ciencias Aplicadas I e II dun título de FPB, ou do nivel II da ESO para adultos.
Exencións da parte científico-técnica da proba a CM: acreditando unha das seguintes circunstancias: presenta unha certificación de ter superados os módulos profesionais relacionados co perfil profesional dun título de FPB (agás FCT). Presenta o certificado de profesionalidade de calquera nivel. Acredita como mínimo un ano de experiencia laboral en xornada completa. 
Exención da parte común da proba a CS: Presenta unha certificación académica de ter superada a proba a CS non incluida na opción pola que te presentas (conforme o anexo VII), ou superar a proba de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.
Exención da parte específica da proba a CS: ter un título de técnico auxiliar, por superar un certificado de profesionalidade de nivel II, acreditar un ano de experiencia profesional.

Accede á normativa si queres picando aquí.

Ningún comentario: