venres, 14 de febreiro de 2025

PROBAS DE ACCESO Á FP 2025

Poderán presentarse ás probas para acceder aos ciclos medios as/os que non cumpran os requisitos académicos e teñan 17 anos ou os fagan neste ano. Poderán presentarse ás do superior si teñen cumpridos dezanove anos ou os cumpren no ano natural de celebración da proba e non cumprir os requisitos de acceso aos ciclos de grao superior.

prazo de presentación da solicitude para o grao medio e grao superior estará abranguido entre os días 24 febreiro e 12 de marzo de 2025 ambos os dous incluídos.

martes, 4 de febreiro de 2025

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2024

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025, durante o verán, poderedes viaxar a Portugal, Canadá, Reino Unido, Francia e Alemaña.

mércores, 15 de xaneiro de 2025

XORNADAS DE ORIENTACIÓN ARTÍSTICA E PROFESIONAL (XOAP) 2025

 TI ELIXES!

Si estás cursando ESO ou bacharelato, ou FP e desexas coñecer os ciclos de FP e artísticos que se imparten en Coruña, así como os estudos superiores de deseño, esta é a túa oportunidade participando no XOAP.

 

xoves, 28 de novembro de 2024

VISITA DA USC AO IES DAVID BUJÁN

 Universidade de Santiago de Compostela

Onte, de 16:30 a 18:30 visitounos o profesor de matemáticas da USC, Celso Rodríguez Fernández, para falarnos das novidades das PAU (Probas de Acceso á Universidade) 2025, e das características da USC co obxectivo de axudarnos a facilitar o tránsito entre etapas. Veu un total de 24 persoas entre alumnos/as de 2º de bacharelato e familias. Aquí quedan as presentacións que utilizou o profesor para guiar a charla, esperamos que vos gusten.

 CiUG | CiUG

xoves, 11 de xullo de 2024

ADMISIÓN FP 24-25

Recorda consultar si estás nas listaxes de solicitudes, esto podes facelo no asistente informático da Xunta de Galicia, terás que entrar co teu DNI e o teu código de consulta. Si non apareces nas listaxes ou atopas erros, terás que reclamar, esto faise no mesmo asistente informático. Para reclamar tes de prazo ata o día 12, consulta o calendario.Consulta o procedemento para ver as solicitudes. Entra en "ciclos admisión" o asistente informático onde poderás comprobar as túas solicitudes e reclamar tamén, si non apareces ou atopas erros. 

domingo, 16 de xuño de 2024