martes, 18 de maio de 2021

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO DO CURSO 2020-2021

O alumnado que obteña unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75, poderá optar a este premio. Terá que cubrir unha solicitude preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario anexo I, ou na aplicación PremiosEdu. As dúbidas relacionadas con este tema poderán consultarse neste enderezo: premios@edu.xunta.gal. O premio son 1000 euriños.

Prazos: desde o 27 de abril ata o 26 de maio.

 O alumnado admitido terá que facer unha proba presencial, o 23 de xuño de 2021.

Estructura da proba: 

1ª parte (2h): Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texo na Primeira lingua estranxeira II cursada. O exercício realizarase sen diccionario.

2ª parte (1h): Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de troncais cursadas pola alumna, a elixir entre: matemáticas II, matemáticas aplicadas ás ccss II, latín II e fundamentos da arte II

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 27 de abril de 2021 ata o 26 de maio de 2021.

A publicación do alumando admitido e excluido realizarase en: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu

Ningún comentario: