martes, 11 de abril de 2017

RESIDENCIAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Se precisas un lugar para vivir e estudar en Santiago, a vicerreitoría de Estudantes publica anualmente arredor de 1500 prazas para estudantes de grao, master, investigadores/as en formación, posgraos, alumnado de intercambio etc, a convocatoria publícase no mes de xuño e o proceso remata no mes de setembro. 
Na convocatoria poderás consultar os criterios de admisión, baremo e nºde prazas dispoñibles para cada sector.


Os prezos das habitacións son iguais para todos os centros do SUR (Servizo Universitario de Residencias), dependendo de si a habitación é individual ou dobre, estas prazas están subvencionadas en función da renda dispoñible do solicitante de acordo con cinco niveis. Para as rendas que sobrepasan determinado topo os prezos son sen subvención.
Estos son os colexios e residencias da USC, é decir o SUR: tres Colexios Maiores "Rodriguez Cadarso", "San Clemente"  e "Fonseca", e dúas Residencias Universitarias "Burgo das Nacións" e "Monte da Condesa", situados todos no Campus de Compostela.
Se queres mais información contacta co COIE de Santiago, todo esto está na páxina da USC no apartado de residencias, tamén podes acudir ao departamento de orientación ou contactar conmigo. Consulta si queres a última convocatoria para facerte unha idea.

No hay comentarios: