martes, 2 de febrero de 2016

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO EN ESO

Si tes cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba, non estás en posesión do título da ESO, non estás inscrito/a para a superación das materias de 4º ESO e non estás nin estiveches matriculado/a no curso 15/16 na ESO ordinaria ou na FP básica, poderás inscribirte.

Os prazos de matrícula serán:
  • Convocatoria de maio: do 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
     
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos seguintes centros que constituirán tribunais para a avaliación das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria:

a) A Coruña:
  • Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, 3-2º andar, 15011 A Coruña.
  • Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Rafael Dieste, prol. Manuel Murguía/esq. Rda. de Outeiro, 15011 A Coruña.


  1. As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 27 de maio e 8 de setembro para as respectivas convocatorias.
  2. Entre as 8.30 e as 9.00 horas iniciarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.
  3. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de matemáticas, ciencias da natureza, bioloxía e xeoloxía, física e química e tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de educación física.

No hay comentarios: