domingo, 11 de enero de 2015

BECAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

PROGRAMA DE BECAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA
A Fundación Amancio Ortega convoca cada ano 200 becas dirixidas a xoves estudantes de 4º curso de ESO en España, a través dos programas “Becas Estudia en Canadá” e “Becas Estudia en USA”.
As becas permiten estudar 1º de bacharelato nun High School de Estados Unidos ou Canadá, convivindo durante o curso escolar cunha familia de acollida no país de destino.


Requisitos

Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo de España e ter pasaporte español.
Ter unha nota media mínima de 7,5 en 3º de ESO e dun 8,00 en inglés.
Aportar o certificado IRPF do último ano fiscal da unidade familiar.
Non ter estudiado con anterioridade no estranxeiro (1º, 2º ou 3º de ESO).

Qué cubre a beca?

O 100% do coste que supón cursar un ano académico en Canadá ou Estados Unidos: viaxe de ida e volta á localidade estranxeira de destino, tasa de escolarización e convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes e unha pequena asignación mensual para gastos menores.

Cal é a duración da beca?

Todo o curso escolar 2015- 2016 (10 meses aproximadamente; desde agosto/setembro ata maio/xuño, dependendo da data de saída e o comezo do curso).

Cal é o prazo para inscribirme e dónde debo facelo?

O prazo de inscripción estará aberto desde as 12.00 do 7 de xaneiro ata ás 12.00 do 9 de febreiro do 2015 na páxina web: becas.faortega.org/faq. Debes cubrir e enviar o formulario online e adxuntar unha copia electrónica da documentación que te solicitamos.

Que documentos deben adxuntarse á solicitude?
  • O teu DNI e o dos teus pais/titores/representantes legais.
  • O teu pasaporte. Si non dispós deste documento, non é imprescindible que o adxuntes nesta fase do proceso de selección. No caso de ser finalmente seleccionado, exixiráseche un pasaporte español en vigor antes de acceder á beca.
  • Certificado de notas de 3º de ESO expedido polo teu centro educativo: nel deberá constar a nota final de todas as asignaturas e a nota media do curso sen Relixión ou o seu equivalente. Si no teu certificado no está especificada a nota media, podes calculala ti mesmo.
  • Certificado IRPF do ano fiscal 2013: este é o único documento fiscal válido para presentar a túa solicitude (non se admite o borrador da declaración nin o Modelo 100).
Cales son as fases do proceso de selección?

FASE 1: Preselección para a proba escrita

FASE 2: Preselección para a proba oral

FASE 3: Selección de becarios/as. Listaxes de espera

Cal é o calendario da convocatoria 2015-2016?

INSCRIPCIÓN:
Do 7 de febrero (12.00) ao 9 de febreiro do 2015 (12.00)
PUBLICACIÓN DOS PRESELECCIONADOS PARA A PRIMERA FASE / PROBA ESCRITA:
Venres 15 de febreiro de 2015 ás 12.00 horas
CELEBRACIÓN DA PRUEBA ESCRITA DE INGLÉS:
Días 19, 20, 23, 24 y 25 de febreiro de 2015, en horario de 16.00 a 20.00 horas (pendente de verificación) en capitais autonómicas e/ou grandes cidades de CC.AA. de todo o territorio español.
Tanto o calendario específico como os lugares de celebración das probas comunicaráse o 15 de febreiro de 2015 aos alumnos/as preseleccionados/as na primeira fase
PUBLICACIÓN DE PRESELECCIONADOS PARA A SEGUNDA FASE / PROBA ORAL:
Luns, 2 de marzo de 2015, ás 12:00 horas
CELEBRACIÓN DA PROBA ORAL DE INGLÉS:
As probas realizaránse a través do SKYPE, durante a semán do 9 ao 13 de marzo de 2015, en horario de tarde (16.00 a 20.00 horas). Comunicaráse aos alumnos/as convocados/as preseleccionados/as na segunda fase o horario específico
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE SELECCIONADOS/AS E A LISTAXE DE ESPERA
17 de marzo de 2015, ás 12.00 horas


ENLACE: http://becas.faortega.org/



No hay comentarios: